fbpx

Manifesto do Orgullo da Coruña 2021

Manifestación do Orgullo 2018
Propiedad de ALAS A Coruña. Todos los dereichos reservados.

Este ano 2021 ALAS A Coruña, Chrysallis Galicia, o Comité Antisida da Coruña e LesCoruña volven ás rúas!

Alzade a vosa pluma orgullosa fronte a quen se apropia dos símbolos e de quen nega os Dereitos Humanos e traballa en prol da discriminación, a tolerancia e o odio.

En xuño de 1981, hai 40 años, diagnosticáronse os primeiros casos de SIDA e dous anos despois descubríase que o responsable desta enfermidade era o que chamaron Virus de Inmunodeficiencia Humana. VIH. Ao longo destas catro décadas calcúlase que cerca de 40 millóns de persoas faleceron da SIDA en todo o mundo, mentres que en España máis de 150.000 persoas viven con VIH e xorden máis de 3000 novas infeccións cada ano.
É preciso seguir traballando nun esforzo conxunto entre as persoas con VIH, as organizacións, persoal sanitario, de investigación e institucións para que, en poucos anos, poidamos controlar de maneira efectiva a que foi e segue a ser a peor crise social e sanitaria da segunda metade do século XX.

A COVID-19

E por suposto non podemos esquecer o que supuxo e supón a pandemia da COVID, deixando en especial situación de vulnerabilidade á nosa comunidade.
O confinamento agravou as discriminacións xa existentes, aumentando a violencia intraxénero, a violencia sufrida pola mocidade LGTBI, confinados con familias que nos respectan a súa orientación e identidade, ou o illamento das persoas maiores LGTBI, especialmente as persoas trans, colectivo xa de por si vulnerable.

As asociacións aquí presentes ALAS, Les, Chrysallis e CASCO, temos claro que para lograr a igualdade legal e real é absolutamente indispensable contar cos feminismos como ferramenta de transformación social para a consecución dos dereitos e derrotar ao patriarcado cis-sexista e heteronormativo que exerce violencia sobre nós e tamén nos asasina, especialmente ás mulleres.
Fomos uns dos primeiros Estados en recoñecer o matrimonio igualitario en Europa. Temos unha das sociedades máis abertas, respectuosas e diversas, pero aínda nos queda moito por facer para acadar a igualdade real. O colectivo LGTBI segue a ser discriminado e sinalado polos discursos de odio e, no caso das persoas trans e non binarias, a transfobia institucional acrecenta as situacións de exclusión social.

Dereitos trans

Aquí, na praza de María Pita, alzamos a nosa voz e reivindicamos que deixen de patoloxizarnos dunha vez, que deixen de tutelarnos, que deixen de impoñernos o paso por cirurxías e hormonación. Que deixen de impoñernos pronomes e linguaxe binaria. Somos libres para decidir e para ser quen queiramos ser.
Queremos una lei integral estatal trans xa!! Pero tamén queremos que Galicia teña leis autonómicas efectivas contra a discriminación das persoas LGTBI. Non serve de nada ter leis que non se apliquen de maneira real. Por isto non pararemos de pelexar para que a Xunta de Galicia se comprometa dunha vez cos dereitos LGTBI de maneira real e efectiva.

Basta de terapias de conversión.
Basta de vetos parentais.
Basta de estigma e discriminación asociadas ao VIH.
Basta de criminalizar e ningunear ás persoas LGTBI.
Basta de lesbofobia, transfobia, NBfobia, bifobia e homofobia.
Basta de racismo, de clasismo, de plumofobia, de xenofobia e de calquera outra forma de discriminación e atentado á dignidade das persoas e os seus dereitos fundamentais.
Basta xa de tratar as persoas trans e non binarias como persoas a tutelar.

OS DEREITOS HUMANOS NON SE NEGOCIAN, LEXÍSLANSE!!
LEI INTEGRAL TRANS XA!!
NIN UN PASO ATRÁS!!

¡Haz que llegue a más gente!
error: Este contenido está protegido. Este contido está protexido.