fbpx

Aprazamento dos XXXII Encontros Estatais LGTBI

Aplazamiento XXXII Encuentros Estatales LGTBI
Amanece en Coruña” por M. Rey, baixo a licenza CC BY-NC-ND 2.0

A Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual da Coruña  anuncia o aprazamento ata o outono do 2021 da celebración dos XXXII Encontros Estatais LGTBI.

A actual situación sanitaria con rebrotes en todo o territorio do Estado e con focos recentes na cidade e na súa contorna, fannos tomar esta difícil decisión que terá tamén o seu impacto na economía da cidade. Estas xornadas son un espazo de encontro e debate, nas que se busca fortalecer os lazos entre as entidades e colectivos LGTBI, polo que celebralos de xeito telemático arrebataríalles todo o seu significado.

Queremos agradecer ao Concello da Coruña, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia, que dende o inicio apoiaron tanto a nosa candidatura, no mes de novembro de 2019, coma o traballo feito ao longo de todos estes meses. O noso agradecemento tamén a Universidade da Coruña polo apoio mostrado ao proxecto. A participación de todas elas será fundamental para o éxito destes encontros o vindeiro ano.

Desexamos que a situación provocada pola COVID-19, que tanta dor está a causar, remita o antes posible e que poidamos acoller na Coruña uns encontros estatais memorables, onde as persoas participantes poidan gardar un bo recordo das xornadas e da nosa cidade.

¡Haz que llegue a más gente!
error: Este contenido está protegido. Este contido está protexido.
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.