fbpx

XVII premio Marcela e Elisa

A Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual da Coruña decidiu galardoar co XVII premio Marcela e Elisa a Carolina Iglesias, máis coñecida como “Percebes y Grelos”, Youtuber, guionista, comediante y presentadora. A entrega do premio terá lugar no mes de xuño.

Estes premios foron outorgados durante dez anos polo xa desaparecido colectivo Milhomes, e foron recuperados no 2005 por ALAS A Coruña. Entre as persoas e entidades que foron galardoadas polo labor realizado en prol dos dereitos da comunidade LGTBI destacan a Asociación de Mulleres Deportistas Galegas (MUDEGA) ou a compañía de teatro A Panadaría.

Coa entrega deste galardón a Carolina Iglesias, ALAS A Coruña quere recoñecer a traxectoria dunha muller bisexual, exemplo de visibilidade para a mocidade. Ademais, ten empregado o seu talento artístico en moitas ocasións para contar de primeira man que foi vítima de bullying no instituto, así como para fomentar o coidado da saúde mental.

XVII premio Marcela y Elisa - Carolina Iglesias
Propiedade de Carolina Iglesias. Todos os dereitos reservados.

No mes de xuño, coincidindo co aniversario da voda de Elisa e Marcela, Carolina Iglesias recibirá este premio, o que a converterá na persoa máis nova en recibir o galardón ata a data. Nesta cerimonia tamén se fará entrega do XVI premio Marcela e Elisa ao director de cine e fotógrafo, Lázaro Louzao, xa que a COVID-19 obrigou ao adiamento da entrega do premio o ano pasado.

Con este acto, ALAS A Coruña quere homenaxear de novo ao mundo da cultura, que un ano despois do inicio da pandemia segue inmerso nunha grave crise, ao tempo que reivindica a importancia do feminismo, moi presente nos contidos de Carolina Iglesias.

¡Haz que llegue a más gente!
error: Este contenido está protegido. Este contido está protexido.
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.