fbpx

As prazas berraron: “Xustiza para Samuel”

Están a ser uns días moi duros para A Coruña. Aínda costa asimilar a nova do asasinato de Samuel e a dor e a indignación son moi grandes. Malia todo, ver onte a praza de María Pita chea ata desbordar esixindo xustiza para Samuel e escoitar os atronadores aplausos conmóvenos e énchenos de esperanza. Pero non só na Coruña escoitouse este berro, que percorreu o noso país de norte a sur e de leste a oeste. A todas as persoas que onte decidíchedes alzar a voz contra os discursos de odio e a violencia contra o colectivo LGTBI, dámosvos as GRAZAS/GRACIAS/ESKERRIK ASKO/GRÀCIES!

Queremos extender todo o noso cariño e apoio ás amigas e amigos de Samuel quen, malia a teren a voz quebrada pola dor, non dubidaron en alzala para relatar a verdade dos feitos fronte a quen relativiza e minimiza a LGTBIfobia. Pero, ademais de para reclamar xustiza, a concentración da Coruña serviu para cumprir coa vontade do pai de Samuel: que a xente colaborase doando alimentos para a Cruz Vermella. As persoas asociadas de ALAS A Coruña foron as encargadas de xestionar os máis de 200 quilos de alimentos que proban que Coruña é unha cidade solidaria.

Dende ALAS A Coruña solicitamos que o Concello da Coruña decrete o loito oficial por este asasinato, que ten conmocionada a toda a cidadanía coruñesa. Ademais, confiamos en que o traballo de investigación dos corpos policiais sirva para levar ás persoas responsables ante la xustiza. Este asasinato non pode quedar impune e dende ALAS A Coruña e o seu observatorio faremos canto sexa necesario para que así sexa.

¡JUSTICIA PARA SAMUEL!

¡Haz que llegue a más gente!
error: Este contenido está protegido. Este contido está protexido.
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.