fbpx

Acusación popular no caso de Samuel

A Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual da Coruña (ALAS A Coruña) preséntase como acusación popular no proceso xudicial para esclarecer o crime de Samuel Luiz.

Dende a súa fundación no 2010, ALAS A Coruña ten como o seu obxectivo principal acadar a igualdade real para a comunidade LGTBI. Para isto, traballa cada día co fin de conseguir un modelo de sociedade máis diverso, máis xusto e máis igualitario. A Coruña é unha cidade aberta e inclusiva pero na que as actitudes e comportamentos LGTBIfobicos seguen presentes e cuxa existencia non se pode nin negar nin ignorar.

Como entidade coordinadora do Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia, ALAS A Coruña preséntase como acusación popular nesta causa xudicial para probar que Samuel é unha vítima da homofobia e para que se probe en sede xudicial a existencia dun delito de odio. En palabras de Ana G. Fermández, presidenta desta asociación: “Ninguén neste mundo debería morrer dunha malleira ao berro de maricón de merda”. Do mesmo xeito, recalca a importancia de deixar que a policía continúe coas investigacións, aínda en curso, e mostra a súa plena confianza na independencia da xustiza.

Coa súa participación neste proceso, ALAS A Coruña non busca nin vinganza nin castigo, sómente garantir o dereito de todas as persoas a poder desenvolverse e vivir en sociedades libre de violencia contra a comunidade LGTBI, onde se respecten os Dereitos Humanos. ALAS A Coruña, a través do seu observatorio, seguirá traballando de forma incansable e denunciando de xeito contundente calquera incidente de odio contra as persoas LGTBI.

¡Haz que llegue a más gente!
error: Este contenido está protegido. Este contido está protexido.