fbpx

Proxecto Fighting Barriers e concentración en defensa das leis LGTBI e Trans madrileñas

defensa das leis LGTBI e Trans madrileñas A Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual da Coruña (ALAS A Coruña) e a produtora SocialDocs presentarán un documental acerca da comunicación sobre o VIH/SIDA, o mércores, 15 de decembro, ás 18:00 no Centro Cívico dos Mallos. Tras este acto, a entidade convida a toda a cidadanía a sumarse ás 20:00 no hórreo do parque de Vioño a unha concentración pola defensa das leis LGTBI e Trans da Comunidade de Madrid.
Desde hai tres anos, ALAS A Coruña gracias ao apoio da Deputación de A Coruña está a desenvolver o proxecto Fighting Barriers que ten como obxectivo recuperar a memoria do activista coruñés polos dereitos das persoas con VIH/SIDA, Tomás Fábregas, así como erradicar as mensaxes estigmatizantes. O acto consistirá na proxección dun documental da produtora SocialDocs acerca das campañas publicitarias sobre esta pandemia. Trala mesma, levarase a cabo unha mesa redonda na que participarán o Comité AntiSIDA de A Coruña e o Dr. Álvaro Mena, internista do Hospital Universitario de A Coruña e membro da Sociedad Gallega Interdisciplinaria del SIDA.
O 16 de decembro a Asemblea de Madrid votará a admisión a trámite da proposición de lei impulsada por Vox, que ten como fin derrogar as leis que protexen á comunidade LGTBI neste territorio. De ter éxito trataríase do primeiro retroceso en dereitos LGTBI desde os comezos da democracia. Por iso, ALAS A Coruña quere sumarse ás concentracións convocadas o 15 de decembro en Madrid polas asociacións LGTBI madrileñas, Arcópoli e COGAM, cun acto en defensa destes textos lexislativos no hórreo do parque de Vioño ás 20:00.
Fighting Barriers 2021
Estas concentracións (Madrid e A Coruña) non serán actos illados, senón que as diferentes entidades que forman a Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Trans, Bisexuais e máis (FELGTBI+), da que ALAS A Coruña forma parte, convocarán concentracións similares en diferentes puntos do territorio nacional. Compre lembrar e seguir reclamando a necesidade urxente de blindar os dereitos da comunidade LGTBI coa aprobación dunha lei estatal.

Os Dereitos LGTBI, son Dereitos Humanos! Nin un paso atrás!

¡Haz que llegue a más gente!
error: Este contenido está protegido. Este contido está protexido.
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.