Os dereitos acadados
Os dereitos futuros
As nosas reivindicacións
- Que se garantan os dereitos das persoas trans migrantes! Basta de trabas administrativas, basta de pedir documentos para dificultar o seu cambio rexistral.
- Que se garantan os dereitos dos menores trans! Os menores trans, independentemente da súa idade, deben contar cun procedemento para poder solicitar o cambio de sexo no rexistro cando o necesiten.
- Que se recoñeza a identidade das persoas non binarias! Que as persoas non binarias poidan acreditar coa súa documentación con que xénero se identifican.
Avisamos de que non vamos a deixar pasar os discursos de odio nin os partidos e grupos que, desde espazos de poder lexislativo e político, estigmatizan ao noso colectivo e a tantos outros que non pensan como eles. Os discursos de odio e quen os defenden non teñen cabida na nosa sociedade nin nas nosas institucións. Sen dereitos humanos no hai democracia e non vamos permitir que nos sigades atacando. FORA OS DISCURSOS DE ODIO DA NOSA SOCIEDADE!
En lembranza
E non podemos esquecer ás nove vítimas do tiroteo no Pub London de Oslo, hai apenas catro días. Un acto de odio e terrorismo contra o noso colectivo. Dende aquí queremos mandarlles toda a nosa forza a agarimo. Estamos canda vós!
Seguiremos reivindicando a memoria de todas as que xa non están connosco. Seguiremos berrando para que se lle faga xustiza a todas as vítimas da LGTBIfobia. Seguiremos bailando, puño en alto, para celebrar as nosas vidas e as das que xa non están. E seguiremos saíndo a rúa con orgullo. Malia a quen lle pese, seguiremos aquí, facendo coa nosa mensaxe unha sociedade máis diversa e xusta.