A Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual da Coruña (ALAS A Coruña) decidiu
galardoar
co premio Marcela e Elisa de 2022 a Fran Barcia, personaxe histórico do activismo LGTBI
da Coruña.
A entrega do premio terá lugar o próximo domingo 25 de septembro ás 12:00 no local
de ALAS A Coruña (R/ Cardenal Cisneros 68 baixo dereita).
Estos premios foron outorgados durante dez anos polo xa desaparecido colectivo
Milhomes, e foron recuperados no 2005 por ALAS A Coruña. Entre as persoas e
entidades que recibiron o galardón polo seu traballo en favor dos dereitos da
comunidade LGTBI destacan o director de cine Lázaro Louzao, a compañía de teatro A
Panadaría, ou a cómica coruñesa Carolina Iglesias.
Coa entrega de este XVIII galardón a Fran Barcia, ALAS A Coruña quere recoñecer a
traxectoria dunha persoa que posibilitou a creación e crecemento de diferentes
entidades LGTBI da cidade dende o seu nacemento, cedendo espazos no mítico “O
Alfaiate”, local que rexentou durante moitos anos, para que as entidades da cidade
puideran realizar o seu traballo e posteriormente na tamén mítica librería “O Fiandón”
da cal é o actual propietario.