fbpx

Informe 2021 do Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia

A asociación ALAS A Coruña ven de publicar o informe “Sacando as cores”, dedicado á memoria de Samuel Luiz e todas as vítimas da LGTBIfobia. Neste 2021 destaca o incremento dun 70,83% nos incidentes de odio en toda Galicia.
Informe 2021 do Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia
Presentación do informe 2021 do observatorio en María Pita. Todos os dereitos reservados.
O Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia é un servizo da asociación ALAS A Coruña que contou dende os seus comezos co apoio do Concello da Coruña. Este cuarto informe constata a consolidación do servizo, á vista das 354 atencións a 201 persoas de 15 nacionalidades diferentes, o que comporta un incremento dun 40% nas atencións e dun 76% no número de usuarias beneficiadas. O 64,97% das atencións do 2021 foron realizadas á persoas residentes na cidade da Coruña.
Ao longo dos doce meses que abrangue o informe, rexistráronse 82 incidentes de odio, dos cales 58 poden ser considerados como agresións cara á comunidade LGTBI galega. Esta preocupante cifra de incidentes supón un incremento dun 70,83% con respecto á do 2020. O principal escenario destes incidentes foi a vía pública, seguida moi de lonxe polo eido doméstico. A cidade da Coruña rexistrou a metade dos incidentes (41) recollidos neste informe.
En palabras da presidenta da entidade, Ana G. Fernández “Faise necesario que as institucións galegas traballen de xeito conxunto para lle por freo á desigualdade, ás agresións e aos discursos de odio. Non hai espazo para a indiferenza cando as nosas vidas están en xogo”. Os resultados deste cuarto informe do observatorio debateranse nos XXXII Encontros Estatais LGTBI que se celebrarán na Coruña entre o 21 e o 23 de outubro, organizados por ALAS A Coruña. As inscricións estarán abertas ata o 9 de outubro na web do evento.
¡Haz que llegue a más gente!
error: Este contenido está protegido. Este contido está protexido.
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.