fbpx

Manifesto dos XXXII Encontros Estatais LGTBI

Manifiesto de los XXXII Encuentros Estatales
Só algunhas das participantes nos XXXII Encontros Estatais LGTBI. Propiedade de ALAS A Coruña. Todos os dereitos reservados.

O pleno dos XXXII Encontros Estatais LGTBI, tras escoitar ás persoas falantes e debatir as ideas aquí presentadas, decidíu emitir as seguintes conclusións:

Sen acceso á cultura específica da comunidade LGTBI+, as xeracións futuras non terán a posibilidade de adquirir referentes e coñecer todas as súas posibles realidades. Recoñecemos os espazos culturais como lugares seguros para a nosa comunidade, onde atopar a persoas afíns e vivencias comúns. Estes lugares serven como foco para enxendrar discurso e políticas en prol da diversidade e outros dereitos humanos. Recoñecer tamén o risco que estes espazos teñen de ser focos de estratexias de branqueamento para empresas e gobernos, así como de discursos e delitos de odio.

No eido dos dereitos trans, o pleno considera que o tratamento que as personas trans están a recibir por parte dos diferentes sistemas de saúde ten un enfoque baseado na inercia histórica e non nas súas realidades. Compre propoñer un enfoque holístico na atención ás personas trans baseado nos seus dereitos e na súa axencia, que lles proporcione a información que precisen para que poidan determinar os seus procesos. É vontade desta asemblea traballar para mudar estes procesos asistenciais para evolucionalos cara un modelo transpositivo.

No ámbito da saúde, e particularmente da saúde mental, vemos preciso concienciar tanto aos sistemas de saúde como ás propias asociacións activistas da importancia de coidar a saúde mental, atendendo aos comportamentos disfuncionais que se poden dar e se dan nas diferentes realidades. Isto cobra especial importancia no autocuidado e na sanación das propias feridas entre quen fai activismo. Consideramos de especial importancia atender á interseccionalidade no activismo, revisando e transversalizando todas as líneas de traballo para atender á diversidade de todo o colectivo e reflectir problemas de todas as súas realidades.

Queremos poñer en valor ás figuras históricas que  teñen aportado o seu coñecemento, o seu talento e o seu empeño en facer avanzar á ciencia, mais porén foron silenciadas. Non podemos ignorar os moitos sesgos que se dan no eido da producción científica e académica, onde se disfrazan opinóns persoais como discurso científico. O mundo académico debe deixar de estigmatizar as investigacións vencelladas ás temáticas LGTBI+ e admitir que é vítima de presentismos e eurocentrismos, mesmo chegando a empregar ás infancias LGTBI+ e, en particular as trans, en campañas de desinformación e transfobia.

Partiendo do entendimento do queer como o raro e estraño, insistimos en que o queer existiu dende sempre e no só restrinxido ao eido LGTBI+. Propónse mudar o foco das análises, dende a idea de que somos excepcións, á realidade de que todas somos persoas diferentes. Neste senso as escolas, ata o de agora dispositivos de enderezamento de todo aquelo que se sae da norma, deben de se reconsiderar, reconstruindo a pedagoxía dende unha perspectiva queer. Con novas narrativas e novas pedagoxías sobre o feminismo e o queer, avanzaremos cara modelos sociais máis diversos. Por último, proponese manter a revisión constante do suxeito político do feminismo para non esquecer que o seu obxectivo é a loita contra o patriarcado e non entre as persoas.

Agradecemos ao pleno a presencia nestes encontros e a súa colaboración na elaboración do presente manifesto.

A Coruña, 23 de outubro de 2022.

¡Haz que llegue a más gente!
error: Este contenido está protegido. Este contido está protexido.
/*; } .etn-event-item .etn-event-category span, .etn-btn, .attr-btn-primary, .etn-attendee-form .etn-btn, .etn-ticket-widget .etn-btn, .schedule-list-1 .schedule-header, .speaker-style4 .etn-speaker-content .etn-title a, .etn-speaker-details3 .speaker-title-info, .etn-event-slider .swiper-pagination-bullet, .etn-speaker-slider .swiper-pagination-bullet, .etn-event-slider .swiper-button-next, .etn-event-slider .swiper-button-prev, .etn-speaker-slider .swiper-button-next, .etn-speaker-slider .swiper-button-prev, .etn-single-speaker-item .etn-speaker-thumb .etn-speakers-social a, .etn-event-header .etn-event-countdown-wrap .etn-count-item, .schedule-tab-1 .etn-nav li a.etn-active, .schedule-list-wrapper .schedule-listing.multi-schedule-list .schedule-slot-time, .etn-speaker-item.style-3 .etn-speaker-content .etn-speakers-social a, .event-tab-wrapper ul li a.etn-tab-a.etn-active, .etn-btn, button.etn-btn.etn-btn-primary, .etn-schedule-style-3 ul li:before, .etn-zoom-btn, .cat-radio-btn-list [type=radio]:checked+label:after, .cat-radio-btn-list [type=radio]:not(:checked)+label:after, .etn-default-calendar-style .fc-button:hover, .etn-default-calendar-style .fc-state-highlight, .etn-calender-list a:hover, .events_calendar_standard .cat-dropdown-list select, .etn-event-banner-wrap, .events_calendar_list .calendar-event-details .calendar-event-content .calendar-event-category-wrap .etn-event-category, .etn-variable-ticket-widget .etn-add-to-cart-block, .etn-recurring-event-wrapper #seeMore, .more-event-tag, .etn-settings-dashboard .button-primary{ background-color:
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.