fbpx

9 Compromisos pola comunidade LGTBI+ da Coruña

BNG, Marea Atlántica e Por Coruña comprométense con ALAS A Coruña a velar polo cumprimento de 9 compromisos que buscan mellorar a situación da comunidade LGTBI+ na Coruña ao longo da vindeira lexislatura.
Debate #municipaisLGTBI
Debate electoral #MunicipaisLGTBI. Propiedade de ALAS A Coruña. Todos os dereitos reservados.
ALAS A Coruña mantivo durante as pasadas semanas xuntanzas con todas as formacións políticas con representación no Pleno municipal que culminaron co debate, #MunicipaisLGTBI, celebrado o pasado venres, 5 de maio na Fundación Luis Seoane.
Durante estes encontros membros da xunta directiva da asociación trasladáronlle aos partidos as principais demandas da comunidade LGTBI+ coruñesa, froito dun traballo de análise interna que recolle os seguintes 9 compromisos pola comunidade LGTBI+ da Coruña:
  1. Abandonar o actual modelo mercantilista do Orgullo LGTBI+.
  2. Integrar e dar protagonismo ás entidades LGTBI+ durante as celebracións do Orgullo.
  3. Poñer en marcha programas de saúde mental con profesionais especializados en vítimas de delitos de odio.
  4. Ofertar recursos habitacionais de emerxencia para a poboación LGTBI+.
  5. Garantir espazos seguros para a comunidade LGTBI+ nos recursos habitacionais existentes na Coruña.
  6. Formar ao persoal municipal en materia de diversidade.
  7. Facilitar o acceso ás entidades LGTBI+ aos centros educativos da cidade para desenvolver obradoiros de diversidade coa comunidade educativa.
  8. Incluir cláusulas sociais nos contratos públicos do Concello da Coruña.
  9. Recuperar o orzamento do Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia, recortado nun terzo a comezos da presente lexislatura.
Estes compromisos foron asinados polo BNG, Marea Atlántica e Por Coruña. Porén, o PP e o PSOE declinaron adherirse aos mesmos aludindo ao descoñecemento do estado das contas municipais e a non presentación pública do programa electoral respectivamente. En palabras de Ana G. Fernández: “Agradecemos publicamente o compromiso do BNG, a Marea Atlántica e Por Coruña coas persoas LGTBI+ da cidade e agardamos que na vindeira lexislatura todas as forzas políticas, íncluidas PP e PSOE, fagan realidade estas demandas. O 28M xogámonos moito”.
¡Haz que llegue a más gente!
error: Este contenido está protegido. Este contido está protexido.
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.