fbpx

XIX Premios Elisa e Marcela

A asociación ALAS A Coruña acordou por unanimidade galardoar cos premios Marcela e Elisa 2023 a dous centros educativos, o IES Nº1 de Ribeira e o IES Rafael Dieste da Coruña, polo seu compromiso cos dereitos LGTBI+.
XIX-premios-marcela-y-elisa
Elisa e Marcela. Fotografía de José Sellier.

ALAS A Coruña leva dende 2015 entregando estes premios, unha herdanza do desaparecido colectivo Milhomes. Estes galardóns buscan poñer en valor o labor de persoas e entidades en prol dos dereitos LGTBI+, como Fran Barcia (2022), Carolina Iglesias (2021), Trini Falcés (2019) ou o Comité AntiSIDA da Coruña (2015).

ALAS A Coruña outorga por vez primeira estes galardóns a iniciativas no eido educativo, malia que dende a súa fundación esta asociación ten presencia en centros escolares a través dos seus obradoiros de diversidade. O pasado 2022, ALAS A Coruña formou a preto dun millar de persoas, maiormente alumnado e profesorado, grazas ao proxecto Dereito A Saber apoiado pola Deputación da Coruña.

Entre os motivos para outorgar os XIX premios Marcela e Elisa ao IES Nº1 de Ribeira e ao IES Rafael Dieste o xurado valora o compromiso continuo destes centros coa comunidade LGTBI+, máis alá de datas sinaladas, así como o amplo catálogo de libros de temática LGTBI+ dispoñible nas súas bibliotecas. O IES Nº1 de Ribeira apostou fortemente pola formación ao seu equipo docente nunha alianza entre o Concello de Ribeira, o Instituto de Mediación Educativa de Ribeira e ALAS A Coruña. A maiores, este instituto leva dous cursos izando as bandeiras da comunidade LGTBI+ en datas destacadas. Pola súa banda, o xurado salienta do IES Rafael Dieste a creación e o bo funcionamento do grupo de apoio LGTBI+, DiverXentes, así como a aposta do equipo directivo de facer máis inclusivos espazos do centro, como os aseos.

Para dar inicio ás celebracións do Orgullo da Coruña e coincidindo co aniversario da voda de Elisa e Marcela, ALAS A Coruña entregará no mes de xuño estes premios.
¡Haz que llegue a más gente!
error: Este contenido está protegido. Este contido está protexido.
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.