fbpx

A Lei LGTBI+ explicada por Mané Fernández

A asociación ALAS A Coruña, dentro das actividades enmarcadas no Orgullo LGTBI+ 2023 da Coruña, organiza un faladoiro sobre a Lei LGTBI+ no que participará o vicepresidente da Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Trans, Bisexuais, Intersexuais e máis (FELGTBI+), Mané Fernández. O acto terá lugar o xoves, 8 de xuño ás 19:00, no Centro Cívico da Cidade Vella.

Activistas da FELGTBI+, Chrysallis e Fundación Triángulo festexando a aprobación da lei. Propiedade de FELGTBI+, todos os dereitos reservados.
A Lei Estatal LGTBI+ foi aprobada en marzo deste ano polas Cortes, tras un longo proceso de negociacións que se remonta ao ano 2017. Durante todo este tempo, a FELGTBI+ foi un actor imprescindible para sacar adiante esta lexislación devolvendo a España a un posto de liderazgo internacional en materia de dereitos LGTBI+, tal e como se constata no ránking Rainbow Europe publicado por ILGA Europa, no que España ocupa a 4ª posición.
O actual vicepresidente da FELGTBI+, Mané Fernández, dende diferentes postos dentro da Comisión Executiva da Federación, participou en todas as leis que ampliaron dereitos á comunidade LGTBI+: o cambio no Código Civil que permitiu a consecución do matrimonio igualitario (2005), a Lei Trans 2007 ou a recente Lei LGTBI+. Precisamente sobre esta última versará a súa intervención este xoves, 8 de xuño ás 19:00, no Centro Cívico da Cidade Vella.
La Ley LGTBI+ explicada por Mané Fernández
Mané Fernández, vicepresidente da FELGTBI+. Propiedade de FELGTBI+, todos os dereitos reservados.
Neste faladoiro, Mané Fernández compartirá co público como se desenvolverón as negociacións desta lei, como está a ser a súa implementación nos diferentes territorios do Estado, así como o posible impacto que pode ter un cambio de goberno nos dereitos da comunidade LGTBI+. Fernández estará acompañado de persoas asociadas a ALAS A Coruña que aportarán a súas vivencias e reflexionarán sobre como esta nova lexislación esta a mudar o seu día a día.
¡Haz que llegue a más gente!
error: Este contenido está protegido. Este contido está protexido.
/*; } .etn-event-item .etn-event-category span, .etn-btn, .attr-btn-primary, .etn-attendee-form .etn-btn, .etn-ticket-widget .etn-btn, .schedule-list-1 .schedule-header, .speaker-style4 .etn-speaker-content .etn-title a, .etn-speaker-details3 .speaker-title-info, .etn-event-slider .swiper-pagination-bullet, .etn-speaker-slider .swiper-pagination-bullet, .etn-event-slider .swiper-button-next, .etn-event-slider .swiper-button-prev, .etn-speaker-slider .swiper-button-next, .etn-speaker-slider .swiper-button-prev, .etn-single-speaker-item .etn-speaker-thumb .etn-speakers-social a, .etn-event-header .etn-event-countdown-wrap .etn-count-item, .schedule-tab-1 .etn-nav li a.etn-active, .schedule-list-wrapper .schedule-listing.multi-schedule-list .schedule-slot-time, .etn-speaker-item.style-3 .etn-speaker-content .etn-speakers-social a, .event-tab-wrapper ul li a.etn-tab-a.etn-active, .etn-btn, button.etn-btn.etn-btn-primary, .etn-schedule-style-3 ul li:before, .etn-zoom-btn, .cat-radio-btn-list [type=radio]:checked+label:after, .cat-radio-btn-list [type=radio]:not(:checked)+label:after, .etn-default-calendar-style .fc-button:hover, .etn-default-calendar-style .fc-state-highlight, .etn-calender-list a:hover, .events_calendar_standard .cat-dropdown-list select, .etn-event-banner-wrap, .events_calendar_list .calendar-event-details .calendar-event-content .calendar-event-category-wrap .etn-event-category, .etn-variable-ticket-widget .etn-add-to-cart-block, .etn-recurring-event-wrapper #seeMore, .more-event-tag, .etn-settings-dashboard .button-primary{ background-color:
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.