fbpx

Manifestación Orgullo LGTBI+ da Coruña 2023

A asociación LGTBI+, ALAS A Coruña, convoca a toda a cidadanía a sumarse á manifestación do día 28 de xuño, que partirá ás 19:30 da praza de Ourense e rematará coa lectura do manifesto na praza de María Pita.
Manifestación del Orgullo de A Coruña 2023
Manifestación do Orgullo da Coruña 2021. Propiedade de ALAS A Coruña, todos os dereitos reservados.
Baixo o lema Orgullo LGTBI+: Revoltas do pasado, celebración do presente e conquistas de futuro, a asociación quere facer fincapé no carácter reivindicativo e político destas datas nas que rememoramos os disturbios de Stonewall, nos que as protagonistas foron mulleres trans, racializadas e traballadoras sexuais.
Este 2023, o asociacionismo LGTBI+ está de celebración trala aprobación en marzo da Lei LGTBI que supuxo un avance significativo en materia de dereitos humanos para toda a sociedade española. Porén, todavía quedan moitos por lograr, como unha maior protección para as personas LGTBI+ migrantes ou refuxiadas.
Malia isto, neste 2023 a comunidade LGTBI+ tamén se enfronta a unhas eleccións xerais nas que se está a xogar moito, debido á crecente normalización dos discursos de odio desde diferentes institucións e partidos. Ante as ameazas da dereita de derrogar, ou non garantir, os dereitos acadados coa Lei LGTBI que está en proceso de implementación, desde ALAS A Coruña pídese á cidadanía que participe de forma masiva na manifestación do 28 de xuño que sairá ás 19:30 da praza de Ourense.
Cartel do Orgullo 2023 da Coruña, deseñado por Sucede Arte Visual.
En palabras da presidenta de ALAS A Coruña, Ana G. Fernández: “É crucial que toda a ciudadanía tome as rúas en defensa dos avances sociais conquistados e que fan da nosa sociedade unha das máis plurais do mundo. Ante a chamada ás urnas do 23X, a cidadanía non debe esquecer que partidos son os que garantizan os dereitos das minorías. Polo tanto, exercer o dereito ao voto é máis importante que nunca”.
¡Haz que llegue a más gente!
error: Este contenido está protegido. Este contido está protexido.
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.