Boas tardes A Coruña! Queremos agradecer primeiro a toda a xente que estades hoxe aquí connosco reivindicando os nosos dereitos.
Hoxe estamos aquí ALAS A CORUÑA, CHRISALLYS, CORUFEST, LES CORUÑA, e ORCO porque non podemos ficar paradas diante dos descursos de odio que nos chaman dexeneradas, que seguen a comparar pertencer á comunidade LGTBI+ coa zoofilia, descursos que sinalan publicamente ás activistas que traballamos por acadar unha sociedade xusta, chamándonos corruptoras de menores e pederastas. Estes discursos lexitiman os insultos, as malleiras e a discriminación que seguimos a recibir. 32 incidentes de odio só na cidade da Coruña no último ano. 32!
Hoxe estamos aquí para recordarlles aos que queren voltar a unha sociedade en branco e negro, que imos defender con unllas e dentes os nosos dereitos polos que tanto temos loitado. E seguiremos levando orgullosas a nosa pluma, e se non lles gusta a nosa pluma, sairemos con mais pluma aínda, sendo firmes e loitando coma sempre fixemos.
Atopámonos nun momento de incertidume pola posibilidade dun cambio no goberno. Incertidume, pero tamén medo. Medo a que todo o que se conseguiu a nivel lexislativo en todo o Estado español nestes últimos anos poida esvaecerse, se as persoas que cremos na Xustiza Social, no Estado de Benestar, no progreso e na Igualdade, non saímos a votar con conciencia e a votar en masa. O próximo día 23 xogámonos moito e é máis importante que nunca saír a votar,
A VOTAR CON ORGULLO!!
Nesta semanas soubemos que unha das primeiras medidas que tomará o PP de Núñez Feijoo se chega ao goberno é a de derogar a coñecida como Lei Trans, aprobada hai tres meses. Unha lei que outorga dereitos a milleiros de persoas de todo o Estado español e mellora as súas vidas, non só as das persoas Trans, senón tamén do conxunto da comunidade LGBTI+. Polo que non podemos dar por feito que os dereitos conquistados xa son intocables, ao contrario, hai que defendelos con todas as nosas forzas. As palabras de Feijoo son un adianto do que está por vir se deixamos que a dereita e a ultradereita cheguen ao poder. Non esquezades que van en pack de dous, xa estamos vendo como en moitos concellos e comunidades do Estado van gobernar en conxunto.
Porque o PP nunca deixou de votar en contra de calquera medida que mellorara as vidas do noso colectivo, ou das mulleres ou das persoas migrantes. Votan sistematicamente en contra de calquera lei social. Non lles importa o noso benestar. Impórtalles o poder e lexislar para a xente de ben que di Feijoo, é dicir, a xente privilexiada, branca, rica e cishetero. E para Vox somos o inimigo co que queren acabar e tirar ao lixo.
NON VAN TOCAR OS NOSOS DEREITOS! NIN UN PASO ATRÁS!
E non esquezades tampouco quenes foron, e quenes seguen a ser os que lexislan para mellorar as vidas de toda a cidadanía, outorgando os mesmos dereitos e obrigas a quenes non os tiñan e facendo da nosa sociedade unha sociedade máis igualitaria e xusta para todo o mundo. Como dicía sempre Pedro Zerolo, no noso modelo de sociedade cabe todo o mundo mentres que no seu, sobramos as maricas, as bolleras, as trans, as migrantes, as racializadas, as pobres, as obreiras.
Máis estas palabras de Pedro parecen alleas ao noso Concello, que leva 4 anos sen pendurar a bandeira LGTBI+. Escúdanse en que a fachada ten danos estructuráis e non se pode colgar nada, mais cada Nadal vemos coma o Pazo de María Pita ten máis luces que unha tómbola. E no verán colgan altofalantes para o pregón das festas. Nun momento onde en numerosos concellos do Estado onde están a gobernar PP xunto con Vox, estase a prohibir expresamente as bandeiras nos edificios públicos, pedímoslle ao Concello que se deixe de lerias e mostre o seu apoio á nosa comunidade.
POÑEDE A BANDEIRA!!
Pero non só serve con poñer unha bandeira ou pintar farolas, fan falla políticas públicas municipais reais e efectivas para acadar unha cidade libre de odio e LGTBIfobia. Compre seguir contando coas entidades LGTBI+ da cidade para conseguilo.
Non esquezades que o Orgullo comezou como unha revolta violenta. O Orgullo foi, é, e será, unha revolución! Un acto de rebeldía ante unha sociedade que nos quere devolver ao armario! O Orgullo é loita e reivindicación!
- IMOS ENCHER O 23 DE XULLO DE ORGULLO E VOTEMOS AO FASCISMO DAS INSTITUCIÓS.
- SEGUIREMOS REIVINDICANDO OS NOSOS DEREITOS ATA QUEDARNOS SEN VOZ.
- SEGUIREMOS RECORDANDO E CELEBRANDO AS VIDAS DE TODAS AQUELAS QUE XA NON ESTÁN ENTRE NÓS, ASASINADAS POLA LGTBIFOBIA.
- SEGUIREMOS LOITANDO CONTRA O ESTIGMA CARA AS PERSOAS CON VIH E CONTRA A SEROFOBIA.
- AS PERSOAS TRANS SEGUIREMOS EXISTINDO E NON DEIXAREMOS QUE NOS QUITEN OS DEREITOS QUE TANTO PELEXAMOS. ESCOITA FEIJOO, OS NOSOS DEREITOS NON SE TOCAN!!
- SEGUIREMOS EDUCANDO E FORMANDO MALIA QUE NOS AMENACEN CON POÑER OS NOSOS NOME E APELIDOS EN LISTAS PÚBLICAS.
- SEGUIREMOS EXISTINDO E RESISTINDO, E SEMPRE ESTAREMOS FRONTE AO ODIO E O FASCISMO!