fbpx

8 demandas da comunidade LGTBI+ de cara á vindeira lexislatura

ALAS A Coruña fai públicas as súas demandas a escasos días dunha cita electoral chave para a cidadanía galega.

8 demandas de la comunidad LGTBI+
Debate sobre política autonómica LGTBI+. Propiedade de ALAS A Coruña.
O pasado xoves, 8 de febreiro, ALAS A Coruña organizou na sede da Fundación ONCE na Coruña un debate sobre políticas LGTBI+ entre as tres forzas políticas con representación no Parlamento de Galicia: BNG, PPdeG y PSdeG. Durante o mesmo, Iria Carreira (BNG), Gonzalo Trenor (PPdeG) e Aitor Bouza (PSdeG) compartiron co numeroso público as súas propostas en materia de educación, sanidade e políticas do benestar, os tres eixes sobre os que pivotou o debate.
A escasos días para que a campaña electoral das elecciones autonómicas toque á súa fin, a asociación LGTBI+ ALAS A Coruña quere trasladar ao conxunto da cidadanía as súas 8 demandas, que teñen como nexo de unión a procura na mellora das condicións de vida da comunidade LGTBI+ galega:
  1. Actualizar a Lei LGTBI galega para adaptala á lexislación estatal e introducir melloras nesta, así como noutra lexislación ou normativa relevante.
  2. Garantir o dereito do alumnado a unha educación en diversidade.
  3. Formar ao personal da administración autonómica sobre a realidade LGTBI+.
  4. Ofrecer á comunidade LGTBI+ servizos sanitarios públicos e libres de prexuizos, prestando especial atención á saúde mental.
  5. Investigar sobre a realidade LGTBI+ da man das universidades públicas e do tecido asociativo.
  6. Dotar de recursos ao asociacionismo LGTBI+ para que poida levar a cabo o seu labor.
  7. Crear espazos residenciais para os maiores LGTBI+ e reivindicar o seu legado.
  8. Por en marcha puntos de atención á comunidade LGTBI+ en toda Galicia xestionados polo tecido asociativo.
Estas 8 demandas son froito do traballo interno das persoas asociadas a esta entidade, así como da experiencia acumulada ao longo de 13 anos de traballo por e para a comunidade LGTBI+. En palabras da súa presidenta, Ana G. Fernández: “Para as persoas LGTBI+ sempre é importante participar nos procesos electorais para evitar retrocesos nos nosos dereitos. Este domingo o teu voto é chave para garantir unhas políticas sociais progresistas e que garantan a xusticia social”.
¡Haz que llegue a más gente!
error: Este contenido está protegido. Este contido está protexido.
/*; } .etn-event-item .etn-event-category span, .etn-btn, .attr-btn-primary, .etn-attendee-form .etn-btn, .etn-ticket-widget .etn-btn, .schedule-list-1 .schedule-header, .speaker-style4 .etn-speaker-content .etn-title a, .etn-speaker-details3 .speaker-title-info, .etn-event-slider .swiper-pagination-bullet, .etn-speaker-slider .swiper-pagination-bullet, .etn-event-slider .swiper-button-next, .etn-event-slider .swiper-button-prev, .etn-speaker-slider .swiper-button-next, .etn-speaker-slider .swiper-button-prev, .etn-single-speaker-item .etn-speaker-thumb .etn-speakers-social a, .etn-event-header .etn-event-countdown-wrap .etn-count-item, .schedule-tab-1 .etn-nav li a.etn-active, .schedule-list-wrapper .schedule-listing.multi-schedule-list .schedule-slot-time, .etn-speaker-item.style-3 .etn-speaker-content .etn-speakers-social a, .event-tab-wrapper ul li a.etn-tab-a.etn-active, .etn-btn, button.etn-btn.etn-btn-primary, .etn-schedule-style-3 ul li:before, .etn-zoom-btn, .cat-radio-btn-list [type=radio]:checked+label:after, .cat-radio-btn-list [type=radio]:not(:checked)+label:after, .etn-default-calendar-style .fc-button:hover, .etn-default-calendar-style .fc-state-highlight, .etn-calender-list a:hover, .events_calendar_standard .cat-dropdown-list select, .etn-event-banner-wrap, .events_calendar_list .calendar-event-details .calendar-event-content .calendar-event-category-wrap .etn-event-category, .etn-variable-ticket-widget .etn-add-to-cart-block, .etn-recurring-event-wrapper #seeMore, .more-event-tag, .etn-settings-dashboard .button-primary{ background-color:
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.