fbpx

Manifestación do Orgullo LGTBI+ da Coruña

Cartel de la manifestación del Orgullo LGTBI+ 2024 de A Coruña
Cartel do Orgullo LGTBI+ 2024 da Coruña. Propiedade de ALAS A Coruña, todos os dereitos reservados.
A asociación LGTBI+ ALAS A Coruña convoca a toda a cidadanía a sumarse á manifestación do 28 de xuño na Coruña, que partirá ás 19:30 da praza de Ourense (zona das Roseiras) e rematará coa lectura do manifesto na praza de María Pita.
Baixo o lema: Educación, dereitos e paz: Orgullo que transforma, ALAS A Coruña quere facer fincapé no carácter político e reivindicativo da manifestación que pecha un Orgullo con máis dunha ducia de actividades propias.
Neste 2024, ALAS A Coruña, como entidade da Federación Estatal LGTBI+, quere concienciar da necesidade dunha educación en diversidade, tal e como mandata a lexislación, e insta á Xunta de Galicia a que faga cumprir esta normativa nos centros educativos e a todos os niveis. Compre que os avances acadados coa Lei Estatal LGTBI sexan implementados no nivel autonómico. Igualmente, esixe aos gobernos autonómico e municipal, unha solución aos problemas de persoal do COF de Orillamar (A Coruña), un servizo esencial, máis tendo en conta que en Galicia non existen clínicas dedicadas ao coidado da saúde sexual.
ALAS A Coruña lamenta que por quinto ano consecutivo, e a piques de rematar o mes del Orgullo, siga sen ondear a bandeira LGTBI+ no Concello da Coruña, a diferencia doutras institucións como as sedes da deputación ou da delegación do goberno. Nos últimos anos estamos a ver como os Orgullos de cidades como Valencia ou Palma están a ser mercantilizados, co desprazamento do discurso activista sobre os dereitos humanos e sendo baleirados de contido reivindicativo por parte de empresarios, coa complicidade dalgunhas administracións.
En palabras da presidenta de ALAS A Coruña, Ana G. Fernández: “Tralo avance da extrema dereita en Europa xunto cos seus discursos de odio contra os grupos máis vulnerables, é máis necesario ca nunca volver ás orixes do Orgullo e reivindicar a necesidade de atender aos problemas reais da comunidade LGTBI+ os 365 días do ano”.
¡Haz que llegue a más gente!
error: Este contenido está protegido. Este contido está protexido.