fbpx

MANIFESTO DO ORGULLO DA CORUÑA 2024

Manifesto orgullo coruña 2024
Manifestación do Orgullo LGTBI na Coruña en 2023. Propiedade de ALAS A Coruña, todos os deritos reservados.
Boas tardes A Coruña! Queremos agradecer primeiro a toda a xente que estades hoxe aquí connosco, reivindicando os nosos dereitos, celebrando a diversidade e servindo pluma.
Estamos hoxe aquí ALAS A Coruña, ARELAS, CASCO e CORUFEST xuntas, facéndolle fronte aos discursos de odio, aos bulos, ás violencias LGTBIfóbicas e orgullosas de representar ás cores da liberdade e a diversidade.
Este ano queremos reivindicar a importancia da educación na nosa sociedade como ferramenta fundamental para combater o odio contra a diversidade. Nun contexto marcado pola violencia internacional, os discursos de odio e a involución dos Dereitos Humanos, alzamos a voz por unha educación verdadeiramente inclusiva para todas, todes e todos.
Esiximos que nos centros formativos se traballe para eliminar e cuestionar os discursos de odio.

Esiximos a eliminación do pin parental, por ser un intento de censurar e perseguir á diversidade LGTBI+ nos centros educativos.

Reclamamos formación para toda a comunidade educativa en materia de diversidade, para que o alumnado, o profesorado e demais persoal do sistema educativo poida estudar, desenvolver a súa labor e, en definitiva, convivir en centros seguros e libres de violencias.
Esiximos á Xunta a creación e implementación de unidades de atención á diversidade LGTBI+ nos centros educativos de todos os niveis, incluído o universitario.
Mais a educación no é o único que esiximos neste Orgullo. Ante os bulos e a desinformación contra as persoas LGTBI+ e especialmente contra as persoas trans, que ven como cada día os medios de comunicación difunden bulos e mentiras sobre as súas identidades, seguimos a reclamar a posta en marcha de políticas públicas por parte dos gobernos e institucións que protexan á nosa comunidade do odio, da discriminación e a violencia.
Porque as nosas vidas non son unha oportunidade de negocio e os nosos dereitos non poden ser comercializados. Os Orgullos non poden ser organizados desde as concellerías de turismo, a nosa comunidade merece respecto e dignidade, e, mentres algúns pretenden relacionarnos a nós e ao Orgullo con festa e alcohol, a realidade que vivimos desde as entidades non ten nada de festiva, atendendo cada día a persoas e desenvolvendo o nosos proxectos cunha limitación de recursos que cada día fai máis difícil manter a nosa labor nunhas condicións dignas, tanto para as persoas traballadoras como para as usuarias. As asociacións non molaremos tanto como Chanel e os únicos pelícanos que nos gustan son os que teñen plumas coma nos, pero o noso traballo non é posible sen a implicación das institucións. Por iso, reclamamos a creación de liñas de axudas específicas para proxectos de intervención social dirixidos á comunidade LGTBI.
Non esquezades que o Orgullo comezou como unha revolta violenta. O Orgullo foi, é, e será, unha revolución! Un acto de rebeldía ante unha sociedade que nos quere devolver ao armario! O Orgullo é loita e reivindicación!
A nosa loita non queda só no mes de xuño, existimos os 365 días do ano, e a que non lle guste, que se volva á súa caverna porque a comunidade LGTBI da Coruña ten loita para rato.

VIVA O ORGULLO LGTBI DA CORUÑA!

¡Haz que llegue a más gente!
error: Este contenido está protegido. Este contido está protexido.
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.