fbpx

Posto informativo LGTBI+

Puesto informativo LGTBI+ Cartel publicitario.
A asociación LGTBI+ ALAS A Coruña instalará un posto informativo este sábado, 29 de xuño, na praza de Lugo (A Coruña) entre as 11:00 e as 15:00.
No marco da campaña Liberdade de Ser e Sentir, impulsada pola Deputación da Coruña, ALAS A Coruña estará este sábado informando ao conxunto da cidadanía sobre a realidade da comunidade LGTBI+ en Galicia. Nesta carpa informativa, a poboación terá a posibilidade de formular as súas dúbidas e consultas no tocante á diversidade, así como ter acceso de balde aos folletos sobre o coidado da saúde sexual e materiais profilácticos.
A educación en diversidade tamén terá un papel destacado no posto informativo, xa que a mocidade poderá aprender sobre os dereitos da comunidade LGTBI+ mediante a guía didáctica Os mundos de PINDI , que a asociación emprega nas súas formacións en institutos ao longo do curso escolar, grazas ao apoio da institución provincial ao seu proxecto Dereito a Saber.

As accións de Liberdade de Ser e Sentir van máis aló deste punto informativo, demostrando que o Orgullo LGTBI+ non se limita ao mes de xuño. Ata final de ano, ALAS A Coruña organizará obradoiros sobre diversidade LGTBI+ en diferentes concellos da provincia adheridos á campaña, como Betanzos ou San Sadurniño.

¡Haz que llegue a más gente!
error: Este contenido está protegido. Este contido está protexido.
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.