fbpx

Presencia galega na FELGTBI+

Presencia gallega en la FELGTBI+
Comisión Executiva da FELGTBI+. Imaxe cedida por @silvia_rare. Todos os dereitos reservados.
A pasada fin de semana, ALAS A Coruña, como entidade membro da Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Trans, Bisexuais, Intersexuais e máis (FELGTBI+), participou no X Congreso desta organización. No mesmo, dous integrantes de ALAS A Coruña, Óscar Rodríguez e Martina Roel, foron reelixidos como vogal de Relacións Exteriores e coordinadora de mocidade desta federación respectivamente
Entre o 18 e o 20 de outubro celebrouse en Madrid o X Congreso da FELGTBI+ baixo o lema: Transformemos la sociedad, construyamos un futuro en igualdad. Máis de 50 delegacións de entidades LGTBI+ de todo o Estado debateron sobre os retos e as liñas estratéxicas que afrontará a comunidade LGTBI+ nos vindeiros tres anos, data na que terá lugar de novo este evento.

A celebración do X Congreso da FELGTBI+ serviu como despedida de Uge Sangil como presidenta da organización máis importante do activismo LGTBI+ estatal, tras case sete anos e con importantes logros, como a aprobación da Lei Estatal LGTBI ou o pulo ao Pacto de Estado fronte aos discursos de odio.

Durante os próximos tres anos, Paula Iglesias será a encargada de presidir esta federación. No seu equipo contará con Óscar Rodríguez, socio de ALAS A Coruña, como vogal de Relacións Exteriores, cargo que xa viña ocupando dende outubro do 2021 ata outubro de 2024. A maiores, a tamén socia de ALAS A Coruña, Martina Roel, será a encargada de coordinar e dinamizar o grupo de mocidade da FELGTBI+. A todos estes nomeamentos hai que lles sumar o de Marta Alonso, socia de Nós Mesmas, entidade de mulleres LTB de Vigo, como secretaria de actas, incrementando notablemente a influencia galega no seno da entidade LGTBI+ máis relevante do Estado e unha das máis importantes a nivel internacional.
¡Haz que llegue a más gente!
error: Este contenido está protegido. Este contido está protexido.
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.