fbpx

A homofobia queda probada en sede xudicial

La homofobia queda probada en sede judicial
Hai escasas horas o xurado popular do caso Samuel Luiz ten emitido o seu veredicto tras días de deliberacións. No mesmo, queda probada a existencia de homofobia neste asasinato

A asociación LGTBI+ ALAS A Coruña, entidade que exerce a acusación popular no caso de Samuel Luiz, manifesta a súa satisfacción que, tras máis de tres anos desde que aconteceu este brutal asasinato, teña quedado probada en sede xudicial a motivación homófoba do mesmo. Deste xeito, esta entidade LGTBI+ da por cumprido o obxectivo que se marcou cando decidiu ser parte deste proceso xudicial, clave para a defensa dos dereitos da comunidade LGTBI+.

Ao longo de toda a vista oral, as argumentaciones realizadas por parte do letrado de ALAS A Coruña, Mario Pozzo-Citro, centráronse en probar como a Samuel se lle leu a “pluma”, feito que provocou que fose visto como unha vítima doada, así como a importancia do grito de “maricón de merda” que o acusado profiriu en diferentes momentos.
Unha vez emitido o veredicto por parte do xurado popular, a entidade valora positivamente o resultado deste proceso xudicial, pendente todavía de coñecer as penas para cada un dos responsables deste asasinato. ALAS A Coruña confía en que este caso sirva para visibilizar a importancia de denunciar e axude a restaurar a confianza no sistema xudicial das personas que teñen sufrido LGTBIfobia, unha confianza que, tal e como se recolle nos informes que elabora anualmente desde 2017 a través do seu servicio, o Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia, viuse moi mermada.
¡Haz que llegue a más gente!
error: Este contenido está protegido. Este contido está protexido.
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.