A FELGTBI+ e ALAS A Coruña reúnense coa Fiscalía para mellorar o tratamento dos delitos por LGTBIfobia

Para traballar en medidas que melloren a detección deste tipo de delitos e sexan identificados correctamente os agravantes por LGTBIfobia
FELGTBI+ y ALAS se reúnen con la fiscalía
Reunión coa fiscalía de ALAS A Coruña e a FELGTBI+, todos os dereitos reservados.

(25/04/2025).-A presidenta da Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Trans, Bisexuales, Intersexuales e máis (FELGTBI+), Paula Iglesias; o director Executivo da organización, William Gil D´Avolio, Ana G. Fernández e Pablo Zas Varela, presidenta e técnico de ALAS A Coruña, entidade galega membro da Federación, que exerce a acusación popular no xuízo polo asasinato homófobo de Samuel Luíz, veñen de manter un encontro de traballo coa Fiscalía Xeral do Estado para seguir a abordar de xeito conjunto, o tratamento dos delitos de odio por LGTBIfobia en España.

No 2024, a Federación Estatal LGTBI+ (FELGTBI+) denunciou un “iceberg de infradetección” en materia de delitos de odio xa que dos 57.000 actos de odio denunciados por persoas LGTBI+ nos últimos 5 anos, segundo a Enquisa Estado LGTBI+ 2024, o Ministerio do Interior tan só ten rexistrados 1.738 como tal.

Na actualidade, a Federación traballa na elaboración do seu informe sobre delitos de odio 2025. Durante o encontro, as súas representantes abordaron, xunto co Fiscal de Sala Coordinador contra os Delitos de odio e Discriminación, Miguel Ángel Aguilar García e Mª Jesús Raimundo, Fiscal Adscrita ao Fiscal contra os Delitos de Odio e Discriminación, diferentes medidas para mellorar a detección deste tipo de delitos, así como a importancia de que sexan identificados correctamente os agravantes por LGTBIfobia, como finalmente aconteceu no caso do xuízo contra os asasinos de Samuel.

A presidenta de ALAS A Coruña aproveitou este encontro para transmitir o seu agradecemiento á Fiscalía polo seu labor durante o caso de Samuel. Fernández sinalou a necesidade de que os casos de LGTBIfobia “non queden impunes para que as persoas da comunidade LGTBI+ se sintan amparadas pola xustiza e que, á súa vez, esta reflicta o camiño e o progreso da nosa sociedade en materia de diversidade”.

Pola súa banda, a presidenta da Federación destacou o impacto que o caso de Samuel tivo para o colectivo, así como a importancia que tivo a consideración do agravante por LGTBIfobia. “É importante para a sociedade ver como Fiscalía e entidades traballamos en conxunto para que os casos de LGTBIfobia sexan identificados e xulgados como tal e que o colectivo síntase respaldado por quen debe velar pola súa seguridade e a súa dignidade“, salienta.

¡Haz que llegue a más gente!
error: Este contenido está protegido. Este contido está protexido.