Principais achegas do informe 2024 do Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia

Presentación de los principales resultados del informe 2024 del observatorio coruñés contra a LGTBIfobia
Presentación do informe no Concello da Coruña. Propiedade de ALAS A Coruña, todos os dereitos reservados.
A asociación LGTBI+ ALAS A Coruña, entidade responsable do Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia, ven de publicar o infome, Un compromiso colectivo. Os datos recollidos analizan 205 casos o que significa que cada semana este servizo atende a catro novos casos, dos cales un 20,59% gardan relación con algún incidente de odio.

O Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia aporta datos sobre a situación da comunidade LGTBI+ nas catro provincias galegas a través dos seus informes dende 2017, data na que o Concello da Coruña apostou decididamente por este servizo, único en Galicia.

Ao longo do pasado 2024 o Observatorio realizou 294 atencións comunicadas por 193 persoas e 12 entidades ou administracións. Un 74,1% das persoas atendidas por este servizo tiñan nacionalidade española fronte ao 25,9%, composto por persoas de 20 países diferentes. Un ano máis, as persoas residentes na cidade da Coruña foron as que maior uso fixeron deste servizo (58,50%). A maiores, atendendo ao tipo de atencións levadas a cabo polo Observatorio destacan os do eido social, seguidas das de tipo sanitario e legal.
Neste sétimo informe, o servizo rexistrou un total de 42 incidentes de odio dos cales 33 poden ser considerados como agresións cara a comunidade LGTBI+ galega. Estas cifras amosan un lixeiro descenso no número de incidentes rexistrados. Compre destacar que por quinto ano consecutivo a vía pública é o principal escenario da LGTBIfobia e a segunda posición está compartida entre os espazos de lecer e os domésticos.

En palabras da presidenta de ALAS A Coruña, Ana G. Fernández: “Nun ano marcado polo proceso xudicial do caso Samuel no que ALAS A Coruña exerce a acusación popular é chave que as administracións continúen apostando polo traballo de investigación e prevención da LGTBIfobia que levan a cabo este tipo de observatorios”.

¡Haz que llegue a más gente!
error: Este contenido está protegido. Este contido está protexido.