fbpx

Un paso en firme cara á utilidade pública

A asociación LGTBI+ ALAS A Coruña celebra con enorme satisfacción a sentenza emitida por unanimidade polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que estima o recurso presentado pola entidade fronte á resolución da Xunta de Galicia que denegaba a declaración de utilidade pública. Esta decisión xudicial recoñece o valor do traballo que a asociación leva desenvolvendo desde 2010 na defensa dos dereitos da comunidade LGTBI+.
Para a entidade, o fallo supón un importante respaldo a unha traxectoria de máis de quince anos dedicados á defensa activa dos dereitos humanos. Como sinala a presidenta de ALAS A Coruña, Ana G. Fernández: “Esta sentenza é un motivo de celebración para toda a comunidade LGTBI+. Confirma que o noso traballo ten un impacto real e que o noso compromiso co interese xeral está acreditado desde hai anos”.
ALAS lembra que a resolución non é aínda firme e que a Xunta dispón da posibilidade de presentar recurso de casación ante o Tribunal Supremo. Aínda así, a entidade transmite unha mensaxe de esperanza: “Confiamos en que este proceso culmine co recoñecemento de utilidade pública porque, como sinala a sentenza, ALAS achega un beneficio incuestionable á sociedade galega”, destaca a súa presidenta.
De materializarse a declaración de utilidade pública, ALAS A Coruña converteríase na primeira entidade LGTBI+ de Galicia en alcanzar este recoñecemento, un fito especialmente relevante tras un proceso iniciado en novembro de 2023. A asociación subliña que actuou sempre de boa fe, esgotando todas as vías administrativas antes de recorrer aos tribunais, e que o fixo unicamente coa motivación de dotar o seu labor dunha maior transparencia
Neste sentido, ALAS subliña que a obtención da utilidade pública permitirá reforzar a confianza da cidadanía, das institucións e do tecido empresarial: “A utilidade pública é un exercicio de transparencia que reforza a nosa credibilidade. Agardamos que este paso anime a máis persoas e entidades a colaborar coa nosa misión de construír unha Galicia máis diversa e igualitaria”, afirma Ana G. Fernández.
ALAS A Coruña agradece o apoio de todas as persoas, de maneira especial ás súas asociadas e ao seu equipo legal, así como doutras organizacións sociais e empresas colaboradoras que acompañaron á entidade neste proceso, e reafirma a súa vontade de seguir traballando por unha sociedade baseada nos valores da igualdade, o feminismo e a diversidade.
¡Haz que llegue a más gente!
error: Este contenido está protegido. Este contido está protexido.
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.