Vixilia na memoria de Samuel Luiz no V aniversario do seu asasinato

A asociación LGTBI+ ALAS A Coruña convoca, un ano máis, unha vixilia en lembranza de Samuel Luiz co motivo do quinto aniversario do seu asasinato, un crime motivado pola LGTBIfobia que conmocionou a toda a sociedade e marcou un antes e un despois na loita contra os delitos de odio en España.
Vigilia en memoria de Samuel Luiz en el V Aniversario de su asesinato
Cartel da vixilia. Propiedade de ALAS A Coruña, todos os dereitos reservados.

A homenaxe terá lugar o venres, 3 de xullo, ás 20:00 horas, na Avenida de Buenos Aires da Coruña, á altura do Playa Club. O acto consistirá nunhas breves palabras de lembranza a cargo do vicepresidente de ALAS A Coruña, Antonio Díaz López; un minuto de silencio; a interpretación de dúas pezas instrumentais por parte da saxofonista Sophie Simons, colaboradora altruísta desta homenaxe dende a súa primeira edición; así como unha ofrenda floral en memoria de Samuel Luiz e de todas as vítimas da LGTBIfobia.

Así mesmo, a presidenta da entidade, Sara Crespo, destaca: “A sentenza firme do Tribunal Supremo no caso de Samuel Luiz supuxo un paso moi importante na loita contra os delitos de odio e unha mensaxe clara de que a LGTBIfobia ten consecuencias e non pode quedar impune. Para ALAS A Coruña, que participou neste proceso como acusación popular, supón ademais a culminación dun compromiso adquirido coa memoria de Samuel, coa súa familia e con toda a sociedade”.
Desde a organización prégase a todas as persoas asistentes que manteñan o debido respecto que merece a memoria de Samuel Luiz.
¡Haz que llegue a más gente!
error: Este contenido está protegido. Este contido está protexido.