fbpx

Como podes colaborar coa nosa asociación?

Asociándote

Que dereitos teño ao me asociar?

Poderás participar nas xuntanzas e asembleas con voz e voto, e asistir a todas as nosas actividades. Ademais, poderás acudir como representante de ALAS, p. ex. nos medios de comunicación ou ante outras entidades. Finalmente, terás acceso a aqueles programas de formación que articulemos, xa sexan internos, como DinamizALAS, ou externos, como os organizados pola FELGTBI+ ou a Plataforma del Voluntariado de España.
colabora con ALAS A Coruña
“Mar’i’Picnic 2019” por Carles Vilaplana Díaz, baixo licenza CC BY-NC-SA 4.0

Quen se pode asociar a ALAS A Coruña?

De acordo co art. 28 dos nosos Estatutos, poderá formar parte de ALAS calquera persoa con capacidade de obrar que teña interese nos fins da asociación.
A maiores, poderán asociarse persoas a partir dos 16 anos con autorización dos seus responsables legais.

Como me asocio?

En primeiro lugar, deberás decidirte por un tipo de cota, coa que nos axudarás ao mantemento da asociación. Os tipos definidos para o 2024 son os seguintes:

Tipo Condicións Importe
(anual)
Ampliada
Destinada a persoas que puidendo aportar a cota xeral, desexen contribuir cunha cantidade maior.
60
Xeral
40
Reducida
Dirixida principalmente a estudantes e persoas en paro, que non poidan asumir a cota xeral.
10
Exención
Dirixida a aquelas persoas que non poidan asumir ningunha das anteriores.
0
Independentemente da cota elixida, todas as persoas asociadas disfrutarán dos mesmos dereitos e obrigas. Para o pago da cota deberás efectuar unha transferencia a nosa conta de Abanca, coa cota correspondente (agás as personas que soliciten previamente a exención da mesma).
ES64 2080 0041 0430 4004 7677
No momento de realizar a transferencia deberás indicar no concepto o teu nome e apelidos completos, seguidos da palabra “cota + ano correspondente” (p. ex. Cristina Suárez Bouzas Cota 202X). Para formalizar o teu estatus como persoa asociada, deberás cubrir, asinar e imprimir este formulario que no terá validez legal sen o selo da nosa entidade, custodiado pola secretaría. Se tes algunha dúbida sobre como asociarte, contacta con nós.

Cando me asocio, teño que pagar a cota anual completa?

Pois non, a cantidade dependerá do semestre en curso. Deste xeito, as cotas para novas incorporacións este 2024 redúcense  da seguinte maneira segundo avanza o ano:

Data Cota ampliada Cota xeral Cota reducida
Do 01/01
ao 30/06
60
40
10
Do 01/07
ao 31/12
30
20
5
Ao comezo do ano natural seguinte, terás que aboar a túa cota nunha única anualidade, co seu importe íntegro e no seu prazo, é dicir, durante o mes de xaneiro.

E se queiro deixar a asociación?

É ben doado! So precisas notificalo por calquera das canles da asociación: correo electrónico ou a través da páxina de contacto.

Facendo unha aportación

Sempre tentamos facer as nosas actividades abertas a toda a cidadanía e sen coste algún para o público. Por iso, calquera pequena axuda que queiras e poidas aportar será máis que benvida.
Co teu apoio contribúes ao bo funcionamento da nosa asociación e reforzas o noso traballo en prol da igualdade real. 

Como vos podo axudar económicamente?

A través dunha transferencia bancaria á nosa conta de Abanca.
ES64 2080 0041 0430 4004 7677
O 100% da cantidade doada será destinada aos nosos proxectos.
Ou, se prefieres, podes premer no botón “Apoia o noso labor”. Consulta as condicións de Stripe, a nosa pasarela de pago.

Responsabilidade Social Corporativa

En colaboración con ALAS, a túa empresa pode aprender a xestionar adecuadamente a diversidade.
Un ambiente de traballo onde a realidade de cada quen sexa plenamente aceptada é importante para o crecemento persoal dos teus empregados. Ademais, unha empresa onde as personas LGTBI séntense respetadas resultará máis atractiva cara a captación do talento.
Se ao teu equipo lle interesa desenvolver programas de RSC e queredes poñer en marcha proxectos ligados a plans de igualdade, fomento da diversidade, poboacións vulnerables, plans de prevención do acoso laboral, etc. contactade con nós para coñecer as nosas propostas. Esta oferta de formación está aberta tamén ao sector público.

Outras formas

Voluntariado

Se estás pensando en adicar o teu tempo en construir unha sociedade máis igualitaria, queremos comezar por te dar as grazas!
Podes participar no deseño e organización das nosas actividades ou colaborar nun proxecto concreto. Se queres ofrecer dun xeito altruista as túas habilidades e coñecementos, non dubides en falar con nós. Encantaranos contar co teu apoio!
Para poder realizar labores de voluntariado en ALAS A Coruña, non é preciso en absoluto ter a condición de persoa asociada. Si é preciso ser maior de idade ou contar con a lo menos 16 anos e permiso dos teus titores legais.

Voluntarios en el punto solidario Marineda City
“Punto solidario do Marineda City, 2019” por Lázaro Louzao, todos os dereitos reservados.

Simpatizante

A túa participación e maila túa voz son imprescindibles para amplificar o alcance da nosa mensaxe. Podes apoiarnos asistindo aos actos públicos da nosa asociación ou difundindo os nosos contidos nas túas redes sociais e entre as persoas da túa contorna.

error: Este contenido está protegido. Este contido está protexido.