fbpx
Marcela y Elisa 2019
Gala dos premios 2019: Trini Falcés e o pub LGTBI Claro Boba!

Elisa e Marcela, mulleres valentes que casaron en xuño de 1901 na igrexa de San Xurxo da Coruña; formaron o primeiro matrimonio entre dúas mulleres do que temos constancia. Rescatar do esquecemento a súa historia foi unha constante dende o nacemento da nosa asociación. Froito de este traballo é a presenza dos seus nomes no rueiro da nosa cidade ou a árbore na súa lembranza no Bosque das Mulleres do parque de San Diego.

Os premios foron ideados polo primeiro colectivo LGTBI da Coruña, Milhomes, co gallo da conmemoración do centenario do aniversario de vodas de Elisa e Marcela. En decembro do 2001, o escritor Manuel Rivas foi o encargado de entregar o Premio Homosexual Parroquia de San Jorge na libraría Lume. Trala cerimonia, o escritor suxeríu mudar o nome dos premios e chamalos Marcela e Elisa, en lembranza destas pioneiras dos dereitos do colectivo. Na organización do acto colaboraron Carlos Aymerich, deputado nas Cortes e Pilar García Negro, deputada no Parlamento de Galicia. No ano 2003, seguindo o consello de Manuel Rivas, os premios toman o nome de Marcela e Elisa.

Coa disolución do colectivo Milhomes, impulsor destes galardons, ALAS solicitou permiso a José Carlos Alonso, membro fundador deste colectivo, para darlle continuidade aos premios.

Estes galardóns veñen premiando o labor de persoas ou entidades da Coruña e da súa comarca en prol dos dereitos da comunidade LGTBI. Consulta a listaxe cronolóxica dos premios e mailo seu regulamento.

error: Este contenido está protegido. Este contido está protexido.