fbpx

O activismo LGTBI está en constante evolución, a formación continuada das nosas socias é un dos piares básicos da nosa asociación. De maneira regular, realizamos formacións internas e participamos en seminarios, cursos, obradoiros, etc. de ámbito nacional e internacional. Os diferentes perfís das persoas que conforman a asociación, habilítannos para ofrecer formación en e sobre os seguintes temas. Se tes interese nas formacións que ofrecemos, contacta con nós!

Centros educativos

En coordinación co equipo docente e/ou as ANPAS ofrecemos formacións adaptadas ás necesidades do alumnado e do persoal do centro. De igual xeito, asesoramos aos profesionais do ensino en materia de diversidade afectiva, sexual e de xénero.

Empresas e administracións públicas

Asesoramos e formamos a empresarios e traballadores en materia de Responsabilidade Social Corporativa. Tamén temos asesorado a institucións na redacción de textos legais ou na implementación de políticas públicas.

ALAS Imparte formación para institutos e centros educativos
Obradoiro no IES Macías O Namorado en Padrón.

Centros educativos

En coordinación co equipo docente e/ou as ANPAS ofrecemos formacións adaptadas ás necesidades do alumnado e do persoal do centro. De igual xeito, asesoramos aos profesionais do ensino en materia de diversidade afectiva, sexual e de xénero. Estes servizos son gratuítos para os centros públicos.
ALAS Imparte formación para institutos e centros educativos
Obradoiro no IES Macías O Namorado en Padrón.

Empresas e administracións públicas

Asesoramos e formamos a empresarios e traballadores en materia de Responsabilidade Social Corporativa. Tamén temos asesorado a institucións na redacción de textos legais ou na implementación de políticas públicas.

Cutura y formación van de la mano
CoruFest 2019 – “Closet”, acción de ALAS A Coruña no ano temático dos maiores LGTBI.

Delitos de odio

Sensibilizamos ás forzas e corpos de seguridade e ao persoal da administración de xustiza sobre a importancia de tipificar correctamente estes delitos. Así, poden ofrecer unha atención de calidade ás vítimas, respectando a súa orientación e identidade de xénero.

Cultura LGTBI

Sempre recoñeceremos o importante papel do mundo da cultura na visibilización das diferentes realidades LGTBI. Por iso, e co apoio de profesionais do eido cultural, organizamos presentacións de libros, ciclos de cine, festivais de artes escénicas, obradoiros de música, etc.

Ademais de en galego e castelán, temos experiencia impartindo formacións en inglés e cabería a posibilidade de impartilas en alemán.

error: Este contenido está protegido. Este contido está protexido.
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.