fbpx
Historia activismo LGTBI A Coruña
2010 – Primeiro Orgullo no que ALAS A Coruña participou

Facendo historia no activismo LGTBI da Coruña

A historia do activismo LGTBI comezou a súa andaina na Coruña a finais dos anos 80 coa fundación do colectivo Milhomes. Este rescatou o nome do primeiro personaxe gai da literatura galega creado polo escritor e xornalista, Eduardo Blanco Amor, para a súa novela A Esmorga. No ano 2005, disolveuse este colectivo pioneiro na loita polos dereitos LGTBI na Coruña. Atopabámonos a comezos do novo milenio e sen unha organización que defendese a nosa comunidade a nivel local. Daquela, un grupo de persoas decidiron constituírse en asociación sen ánimo de lucro, inspirándose no modelo de ALAS Lugo e do anteriormente citado, Milhomes.

Fundación

Coa aprobación dos Estatutos no inverno do 2010, formalízase o nacemento da nosa entidade: a Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual da Coruña. As primeiras xuntanzas, baixo a presidencia de Vanessa Almeida Conde, tiveron lugar no Fórum Metropolitano. Pronto substituímos este espazo polo bar O Alfaite, gozando deste xeito dunha maior flexibilidade horaria. Entre as actividades iniciais, compre destacar as charlas sobre diversidade en institutos da cidade ou cine-forums. También colaborouse coa corporación municipal para a posta en marcha do agora extinto servizo de mediación LGTBI. Pouco a pouco a nosa entidade foi medrando, tanto en número de persoas asociadas como na variedade de actividades. No 2015, ALAS A Coruña entra a formar parte da FELGTB, entidade na que seguimos traballando en rede con outros colectivos do Estado.

Presente

Así, e seguindo esta liña ascendente, no ano 2017 ponse en marcha o Observatorio Coruñés contra a LGBTIfobia, grazas ao apoio do Concello da Coruña. Este servizo está adicado á escoita, ao asesoramento, ao rexistro e á denuncia dos incidentes ou delitos de odio con unha compoñente LGTBIfóbica.

Tras máis dunha década ao servizo da comunidade LGTBI, o 3 de novembro de 2020 conseguimos abrir ao público o noso local no barrio da Sagrada Familia da Coruña.

Co apoio da cidadanía seguiremos defendendo unha sociedade máis igualitaria. Sigamos facendo historia no activismo LGTBI da Coruña e en lugares máis lonxanos!

error: Este contenido está protegido. Este contido está protexido.
/*; } .etn-event-item .etn-event-category span, .etn-btn, .attr-btn-primary, .etn-attendee-form .etn-btn, .etn-ticket-widget .etn-btn, .schedule-list-1 .schedule-header, .speaker-style4 .etn-speaker-content .etn-title a, .etn-speaker-details3 .speaker-title-info, .etn-event-slider .swiper-pagination-bullet, .etn-speaker-slider .swiper-pagination-bullet, .etn-event-slider .swiper-button-next, .etn-event-slider .swiper-button-prev, .etn-speaker-slider .swiper-button-next, .etn-speaker-slider .swiper-button-prev, .etn-single-speaker-item .etn-speaker-thumb .etn-speakers-social a, .etn-event-header .etn-event-countdown-wrap .etn-count-item, .schedule-tab-1 .etn-nav li a.etn-active, .schedule-list-wrapper .schedule-listing.multi-schedule-list .schedule-slot-time, .etn-speaker-item.style-3 .etn-speaker-content .etn-speakers-social a, .event-tab-wrapper ul li a.etn-tab-a.etn-active, .etn-btn, button.etn-btn.etn-btn-primary, .etn-schedule-style-3 ul li:before, .etn-zoom-btn, .cat-radio-btn-list [type=radio]:checked+label:after, .cat-radio-btn-list [type=radio]:not(:checked)+label:after, .etn-default-calendar-style .fc-button:hover, .etn-default-calendar-style .fc-state-highlight, .etn-calender-list a:hover, .events_calendar_standard .cat-dropdown-list select, .etn-event-banner-wrap, .events_calendar_list .calendar-event-details .calendar-event-content .calendar-event-category-wrap .etn-event-category, .etn-variable-ticket-widget .etn-add-to-cart-block, .etn-recurring-event-wrapper #seeMore, .more-event-tag, .etn-settings-dashboard .button-primary{ background-color:
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.