fbpx

O Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia é un servizo adicado á escoita, ao asesoramento, ao rexistro e á denuncia dos incidentes ou delitos de odio con unha compoñente LGTBIfóbica. O anonimato e a gratuidade son a base do noso traballo.

Outra das nosas máximas é que o servizo estea a disposición de toda a poboación, independentemente da súa orientación sexual ou identidade de xénero. Atendemos numerosos casos de persoas que queren saber de que xeito apoiar máis e mellor á comunidade LGTBI.

Dacordo cun estudo da FRA, o 90% dos delitos e incidentes de odio quedan sen denunciar. Isto revela dous problemas: por unha banda a situación de desamparo das vítimas; pola outra, a falta de datos actualizados nesta materia.

Os diferentes observatorios espallados polo territorio nacional, malia os seus escasos recursos, tratan de visibilizar esta discriminación e demandar ás administracións a implementación de políticas que garden á comunidade LGTBI.

Pulseras del Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia

A súa orixe

Este servizo nace a finais do ano 2017 como resposta a varios casos de acoso escolar e á agresión sufrida por un socio. Apoiado dende os seus comezos polo Concello da Coruña e xestionado pola nosa asociación, facilita a comunicación entre as administracións e as vítimas.

O observatorio inspírase noutros modelos coma o OCH ou o Observatorio madrileño contra la LGTBfobia. Grazas a que un dos seus voluntarios asociouse a ALAS A Coruña, decidimos por en marcha un proxecto similar. Así, o noso observatorio foi o primeiro destas características en Galicia e no noroeste da península.

Logo del Observatorio Coruñés contra la LGTBIfobia

O seu resultado

De maneira anual, o observatorio presenta un informe sobre o seu labor e emite recomendacións para mellorar a vida das persoas LGTBI. Cumprimos así a nosa débeda coa sociedade, pois este servizo finánciase fundamentalmente con fondos públicos. É por isto que cremos firmemente neste exercicio de transparencia.

Traballo en rede

A maiores, o Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia pertence a rede estatal de observatorios, Redes contra el odio, coordinada pola FELGTBI+; onde comparte os seus datos a nivel nacional.  

error: Este contenido está protegido. Este contido está protexido.
/*; } .etn-event-item .etn-event-category span, .etn-btn, .attr-btn-primary, .etn-attendee-form .etn-btn, .etn-ticket-widget .etn-btn, .schedule-list-1 .schedule-header, .speaker-style4 .etn-speaker-content .etn-title a, .etn-speaker-details3 .speaker-title-info, .etn-event-slider .swiper-pagination-bullet, .etn-speaker-slider .swiper-pagination-bullet, .etn-event-slider .swiper-button-next, .etn-event-slider .swiper-button-prev, .etn-speaker-slider .swiper-button-next, .etn-speaker-slider .swiper-button-prev, .etn-single-speaker-item .etn-speaker-thumb .etn-speakers-social a, .etn-event-header .etn-event-countdown-wrap .etn-count-item, .schedule-tab-1 .etn-nav li a.etn-active, .schedule-list-wrapper .schedule-listing.multi-schedule-list .schedule-slot-time, .etn-speaker-item.style-3 .etn-speaker-content .etn-speakers-social a, .event-tab-wrapper ul li a.etn-tab-a.etn-active, .etn-btn, button.etn-btn.etn-btn-primary, .etn-schedule-style-3 ul li:before, .etn-zoom-btn, .cat-radio-btn-list [type=radio]:checked+label:after, .cat-radio-btn-list [type=radio]:not(:checked)+label:after, .etn-default-calendar-style .fc-button:hover, .etn-default-calendar-style .fc-state-highlight, .etn-calender-list a:hover, .events_calendar_standard .cat-dropdown-list select, .etn-event-banner-wrap, .events_calendar_list .calendar-event-details .calendar-event-content .calendar-event-category-wrap .etn-event-category, .etn-variable-ticket-widget .etn-add-to-cart-block, .etn-recurring-event-wrapper #seeMore, .more-event-tag, .etn-settings-dashboard .button-primary{ background-color:
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.