Son xornadas de convivencia e activismo que a nosa asociación organiza de maneira semestral, un sábado no outono e outro na primavera. Para estas xornadas, empregamos centros e espazos municipais coma a Fundación Luis Seoane ou o Centro Cívico Cidade Vella.
Estas xuntanzas comezan en horario matutino coa intervención de tres ponentes que aportan a súa experiencia e coñecementos sobre temas de interese. Para poder participar, só é preciso facer unha preinscripción en liña e gratuíta.
A tarde das xornadas está adicada á formación interna e a establecer vínculos entre as persoas asociadas, polo que só está aberta á participación das mesmas. Levamos a cabo obradoiros con dinámicas grupais para mellorar a convivencia. Tamén facemos uso de ferramentas do teatro e da música para traballar o espírito de equipo.
Se queres participar como ponente nun DinamizALAS ou suxerir temas a tratar en vindeiras edicións, escríbenos!
Interesaríache formar parte da gran familia de ALAS A Coruña ? Así non te perderás ningunha das nosas xornadas de convivencia e activismo. Asóciate!