fbpx

Manifiesto del Orgullo de A Coruña 2025

Manifiesto Orgullo A Coruña 2025
Pancarta de ALAS A Coruña en el Orgullo de 2024. Propiedad de ALAS A Coruña, todos los derechos reservados.
Este ano, por fin, a bandeira LGTBIQ+ colga do Concello da Coruña. Non é un xesto espontáneo nin un favor institucional: é o resultado dunha loita persistente dos colectivos e da comunidade LGTBIQ+ da cidade, que durante anos reclamaron visibilidade, dignidade e compromiso real cos dereitos humanos. Foi a presión da sociedade civil organizada a que fixo posible este pequeno gran xesto, que chega tarde, pero chega como acto de xustiza e reparación. Este ano, a nosa cidade representa a toda a súa cidadanía mediante un xesto básico de compromiso cos dereitos humanos.
Colgar a bandeira non é un adorno: é un símbolo de recoñecemento, reparación e dignidade. Lembrámoslle a quen goberna que a diversidade non se tolera, respéctase, protéxese e visibilízase.
Este 2025 celebramos con orgullo e memoria os 20 anos da aprobación do matrimonio igualitario en España, unha das conquistas máis importantes do movemento LGTBIQ+ no Estado.

“El matrimonio tendrá los mismos requisitos y efectos cuando ambos contrayentes sean del mismo o de diferente sexo.”

Con esta simple pero poderosa frase, España recoñeceu legalmente o dereito ao matrimonio igualitario, converténdose no terceiro país do mundo en facelo.
Foi unha vitoria política e social que situou a España á vangarda mundial dos dereitos civís, e que transformou a vida de milleiros de persoas: permitindo casar, adoptar, herdar, ser recoñecidas legalmente como familia. Pero sobre todo, supuxo un paso xigante cara a unha sociedade máis libre, máis xusta e máis igualitaria. Aquelas mobilizacións, aquelas historias, aqueles amores visibilizados, foron sementes de dignidade que aínda hoxe florecen. A liberdade de amar e construír un proxecto de vida con quen queiras é un dereito que defenderemos sempre.
A pesar de recoñecer o avance do Estado español en dereitos humanos e dereitos LGTBIQ+, non debemos cesar na loita, xa que este ano baixamos ao quinto posto no índice ILGA-Europe Rainbow Map, que indica a situación do colectivo en cada país europeo en canto a dereitos. Non é casualidade: é síntoma do retroceso e da falta de implementación de políticas que protexan da violencia e garantan a non discriminación das persoas do colectivo. Dentro do Estado español tamén estamos a ver retrocesos, cun blanqueo dos discursos de odio da extrema dereita. Un claro exemplo disto é a situación que se está a vivir no País Valencià, o PP e Vox veñen de desmantelar a Lei Trans e LGTBIQ+, eliminando artigos fundamentais sobre educación, sanidade e protección legal, abrindo a porta a prácticas tan perigosas como as terapias de conversión.
E máis lonxe de casam noutras parte do mundo a situación tamén é preocupante. En Hungría, a marcha do Orgullo foi vetada por primeira vez amparándose nunha lei que criminaliza a «promoción» da homosexualidade. En Bulgaria existen leis que penalizan educar en diversidade, privando deste dereito básico ao conxunto da comunidade educativa. En Estados Unidos, a comunidade trans é obxectivo de ofensivas legais sistemáticas que vulneran os seus dereitos máis básicos. Non podemos calar fronte á deriva reaccionaria: os dereitos non se negocian, deféndense nas rúas, nas institucións e nas escolas.

Expresamos tamén a nosa solidariedade co pobo palestino e con todas as vítimas da violencia indiscriminada en Gaza, pero tamén en lugares como Ucraína, Congo, Iemen, Sudán ou Afganistán onde non podemos olvidar a población LGTBIQ+ que tamén está a sufrir os horrores da guerra. Sen xustiza non hai paz, e sen dereitos humanos non hai liberdade posible. A loita LGTBIQ+ é inseparable da loita por un mundo sen opresións nin colonizacións.

Na nosa cidade, as entidades LGTBIQ+ levamos anos visibilizando demandas urxentes que seguen sen resposta. O Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia de ALAS A Coruña alertou dun aumento preocupante das agresións e urxe un Pacto de Estado contra os discursos de odio, máis formación na administración de xustiza e reforzo de recursos educativos e sociais. O veredicto do “Caso Samuel Luiz” é un precedente legal importante, pero lembramos que unha sentenza non abonda: fai falta vontade política.
A loita non pode quedar só nas grandes cidades: esiximos visibilidade, recursos e dereitos tamén para as persoas LGTBIQ+ que viven en vilas, aldeas e zonas rurais. Abonda xa de soidade, de armarios forzados, de miradas que xulgan en silencio! A diversidade existe en cada recuncho, e en cada recuncho debe poder vivirse con orgullo, con liberdade e con apoio. Na provincia da Coruña, desde a cidade ata o último concello, reclamamos campañas, espazos seguros, atención sanitaria inclusiva e educación en diversidade alí onde máis custa chegar. A igualdade non pode ser un privilexio urbano: debe ser unha garantía real, vivas onde vivas. Non hai periferia para os nosos dereitos!

Hoxe, tamén volvemos a denunciar a mercantilización do Orgullo. A mercantilización dos nosos dereitos e das nosas vidas. Reivindicamos un Orgullo comunitario, feito desde abaixo: Cultura cuir, divulgación, educación en diversidade, visibilidade das realidades trans, racializadas, migrantes e non normativas. Porque, sen memoria ou mobilización, non pode haber avance. Non podemos permitir que o Orgullo sexa tratado como unha festa cando a nosa comunidade todavía está a sufrir violencia e discriminación, e, por enriba de todo, non podemos permitir que sexa unicamente unha oportunidade de negocios para uns poucos, que acadan benefícios de xeito pouco ético e transparence, a costa dos fondos públicos.

Unha festa sen reivindicación non é un orgullo, é só un Festival

Por todo iso, exiximos que eses recursos públicos, sexan destinados a poñer en marcha políticas públicas que protexan e empoderen ás comunidades máis vulnerables, como é a nosa.

Este Orgullo, na Coruña, é memoria, loita e celebración. Pola visibilidade, polos afectos, pola liberdade e por todas as vidas que merecen ser vividas en dignidade. Porque non hai volta atrás: diversidade ou barbarie.

FELIZ E REIVINDICATIVO ORGULLO!!

VIVA A LOITA DO COLECTIVO LGTBI+!!

¡Haz que llegue a más gente!
error: Este contenido está protegido. Este contido está protexido.
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.