fbpx

Transfobia e machismo en psiquiatría

Letrero ataque ansiedad
Anxiety Attack” por Practical Cures, baixo licencia CC BY 2.0

Por culpa de las feministas, la transexualidad se está convirtiendo en una moda porque el número de mujeres que quiere convertirse en hombres es muy elevado

A entidade ALAS A Coruña, como asociación coordinadora do Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia pon en coñecemento público un suposto caso de transfobia e machismo nunha clínica privada de psiquiatría e psicoloxía en Ourense.

Segundo relata a propia vítima C.R.S. durante o mes de febreiro, e logo de levar varios meses lidando coa ansiedade por motivos persoais, acode a pedir axuda profesional para xestionala a un centro de psiquiatría e psicoloxía da cidade de Ourense.

Ao inicio da primeira sesión co psiquiatra (co-director do centro ao que asiste) e a petición do mesmo, comeza a falarlle da súa familia e comenta que ten un irmán transexual. Segundo C.R.S. este comentario provoca un cambio de actitude no psiquiatra, quen esquece os motivos que propiciaron a consulta e céntrase unicamente na transexualidade do irmán, comezando a referirse a este en feminino e facendo declaracións como:

Hace unos años solo había hombres que querían convertirse en mujeres y era porque habían sufrido abusos y traumas

La transexualidad es ir en contra de la biología

A día de hoy, por culpa de las feministas, se le está dando visibilidad a la transexualidad y se está convirtiendo en una moda porque el número de mujeres que quiere convertirse en hombres es muy elevado

A partir de ese momento C.R.S. relata que o psiquiatra xa non volve a falarlle da ansiedade, motivo polo cal acudía á consulta, así que decide por conta propia abandonar o centro de psiquiatría.

Estes feitos, foron postos en coñecemento por parte da propia vítima ante o Ilustre Colexio Oficial de Médicos de Ourense e ante a Valeduría do Pobo de Galicia co fin de iniciar algunha acción que remate co machismo e a transfobia no eido da saúde mental.

¡Haz que llegue a más gente!
error: Este contenido está protegido. Este contido está protexido.