fbpx

Homenaxe a Samuel Luiz 2023

Coincidindo co segundo aniversario do asasinato de Samuel Luiz, a asociación LGTBI+, ALAS A Coruña, organizará unha vixilia o luns, 3 de xullo ás 20:00 na Avenida de Bos Aires, ao carón da discoteca Playa Club.
Homenaje a Samuel Luiz 2023
Primer homenaje a Samuel Luiz en 2022. Propiedad de ALAS A Coruña, todos los derechos reservados.

ALAS A Coruña, entidade que exerce a acusación popular no caso de Samuel Luiz, organiza por segundo ano consecutivo un acto en lembranza da memoria deste, así como doutras vítimas da LGTBIfobia. A asociación convoca a toda a cidadanía a sumarse a un minuto de silencio para posteriormente realizar unha ofrenda floral no lugar onde sucederon os feitos.

Ao tratarse dun acto de homenaxe, a asociación no fará lectura de ningún manifesto co fin de respectar o proceso xudicial do que ALAS A Coruña é parte. Desde a organización prégase a todas as personas que acudan ao mesmo que garden o debido respecto que merece a memoria de Samuel Luiz.
Nesta data tan sinalada, a presidenta de ALAS A Coruña, Ana G. Fernández manifesta “a necesidade de que a cidadanía non esqueza este crime nin as consecuencias que teñen os discursos de odio”, ademáis “festexando e lembrando a vida de Samuel, así como a doutras vítimas anónimas da LGTBIfobia, facemos de nosa cidade un lugar máis seguro e habitable”.
¡Haz que llegue a más gente!
error: Este contenido está protegido. Este contido está protexido.
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.