fbpx

Debate sobre políticas autonómicas LGTBI+

ALAS A Coruña organiza un debate en torno ás propostas en materia de dereitos LGTBI+ dos partidos con representación no Parlamento de Galicia de cara á cita coas urnas o 18 de febreiro. Este debate terá lugar no salón de actos da Fundación ONCE da Coruña o xoves, 8 de febreiro ás 19:30.
Debate sobre políticas autonómicas LGTBI+ 2024

Durante os anteriores comicios, marcados pola emerxencia sanitaria da COVID-19, ALAS A Coruña veuse na obriga de organizar faladoiros empregando os directos da súa canle de Instagram. Catro anos máis tarde, a situación da comunidade LGTBI+ mudou, e dende a asociación consideran prioritario abordar cara a cara neste debate tres amplos temas: a educación en diversidade, os servizos da sanidade pública en relación ás persoas LGTBI+ e as políticas públicas e do benestar vencelladas a esta comunidade. A maiores, o público asistente terá a oportunidade de formular preguntas ás representantes dos partidos e estas últimas contarán, ao final do acto, cun “minuto de ouro”.

Todos os partidos con representación no Parlamento de Galicia aceptaron o convite de ALAS A Coruña para participar neste debate e estarán representados por:
  • Iria Carreira, nº6 da lista do BNG pola provincia da Coruña.
  • Gonzalo Trenor, nº10 da lista do PPdeG pola provincia da Coruña.
  • Aitor Bouza, nº4 da lista do PSdeG pola provincia da Coruña.
A asociación agradece a estas tres forzas políticas a súa participación e busca con este debate situar na axenda lexislativa do novo parlamento galego os temas que preocupan á comunidade LGTBI+. Coa celebración do debate na sede da Fundación ONCE, a entidade quere deixar patente a necesidade de traballar dun xeito interseccional entre organizacións sociais. En palabras da presidenta de ALAS A Coruña, Ana G. Fernández: “A comunidade LGTBI+, ao igual que outros colectivos vulnerables, ten que participar masivamente o 18F para garantir uns bos servizos públicos que non deixen a ninguén desamparado” igualmente afirmou que “A lei LGTBI estatal obriga ao próximo goberno da Xunta a adaptar a lexislación propia para garantir o benestar dunha parte da cidadanía moi esquecida”.
¡Haz que llegue a más gente!
error: Este contenido está protegido. Este contido está protexido.
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.