fbpx

6 películas neste 26 de abril

Por Paula Álvarez, estudiante do CS de Integración Social e alumna en prácticas

Neste día da visibilidade lésbica, desde ALAS A Coruña queremos recomendar unha serie de películas e falar un pouco delas.
O cine sempre ten sido un recurso moi útil ao que considero que hai que recorrer máis a miúdo, xa que mostra realidades alleas e axúdanos a empatizar con elas, ao tempo que nos mostra vivencias polas que temos pasado ou estamos a pasar. O cine educa, sensibiliza e é unha maneira de aprender a ser máis respectuosas nesta sociedade na que vivimos.
Non é mentira ningunha que as mulleres sáficas sofren unha dobre discriminación, a primeira por ser mulleres e a segunda por ser homosexuais. Este listado de películas quere visibilizar aquelas historias, problemáticas e sentires.

6 películas para este 26 de abril

1 Retrato de una mujer en llamas (2019)

6 películas para el 26 de abril: Retrato de una mujer en llamas.
Apenas teño palabras para describir a tremenda sensibilidade e delicadeza que este filme me transmitiu. Marianne e Helöise descobren o amor da unha pola outra, mostra a sororidade no S. VXIII e, unha vez máis, reflicte a narrativa de artista e modelo, unicamente que esta historia fai que se che encrespe a pel e se che quede gravada na memoria.

2 Carol (2015)

6 películas para el 26 de abril: Carol
Carol é unha muller a punto de se separar do seu marido, mentres que Therese é unha moza que aínda está a buscar o seu camiño. Entre elas xurde unha fermosa amizade, que evoluciona ata unha sedución constante e que remata en aventura. O seu romance baséase no autodescubrimento, a paixón e a coraxe, nunha época onde saír do armario podía te costar, como pouco, o cárcere.

3 But I´m a cheerleader (1999)

6 películas para el 26 de abril: But I'm a Cheerleader!
Un “sinxelo programa” de cinco pasos onde o obxectivo e tornarse novamente normal? Esta película mófase dos estereotipos de xénero e cara a comunidade LGTBI+ e o consigue, pois é ridiculamente divertida, pero verdadeiramente real en certos aspectos.

4 Carmen y Lola (2018)

6 películas para el 26 de abril: Carmen y Lola
Esta película fala sobre sonos e esperanzas, sobre tradicións e machismo, sobre quererse ás agochadas e arriscarse. Se ben é certo que se basea en tópicos moi recoñecidos cara a comunidade xitana, desde aquí quero recalcar a figura de Paqui, un personaxe que colabora e axuda no desenvolvemento de ambas protagonista e é importantísimo o apoio que presta.

5 La doncella (2016)

6 películas para el 26 de abril: La Doncella
A historia sitúase en Corea durante os anos 30, momento da colonización xaponesa, e reflicte a obxetificación ao longo dos tempos das mulleres. Baseada na adaptación dunha novela de Sarah Waters, na trama de este thriller erótico xorden caricias entre as paredes e telas.

6 Pariah (2011)

6 películas para el 26 de abril: Pariah
Profundamente conmovedora, crúa e real, esta película conta a historia dunha moza afroamericana desde unha perspectiva represiva, dura e intransixente. A súa familia desestruturada e a súa mellor amiga cumpren cada unha un papel distinto no seu recorrido cara a liberdade.
O obxectivo fundamental desta listaxe é que as gocedes e as compartades se os gusta, pero tamén deberían de facervos reflexionar por que motivo son películas de culto dentro da comunidade LGTBI+ , así como sobre a importancia de realizar máis contido e divulgación sobre o colectivo lésbico

Non estades soas e sodes escoitadas!
Sacade a vosa #PlumaBollera!

¡Haz que llegue a más gente!
error: Este contenido está protegido. Este contido está protexido.
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.