ALAS A Coruña concede dende o 2015 estes galardóns, herdanza do desaparecido colectivo Milhomes. Cos mesmos, a asociación busca visibilizar o traballo de personas ou entidades en prol dos dereitos da comunidade LGTBI+. O Comité AntiSIDA da Coruña (CASCO), a compañía de teatro A Panadaría ou o libreiro e activista coruñés Fran Barcia figuran na listaxe de homenaxeados.
En máis de dúas décadas de historia, este premio nunca recaera nunha persoa do eido sanitario. Con este Marcela e Elisa, ALAS A Coruña quere reivindicar a importancia do sistema sanitario público como pilar fundamental do Estado do Benestar. A xuizo da presidenta desta entidade, Ana G. Fernández: “Fina Baliñas, como pioneira na nosa ciudade na atención a persoas con VIH/SIDA ten desmontado prexuizos sobre o estigma vencellado a esta infección e ten sido unha firme defensora da importancia e do coidado da saúde sexual”. O xurado destes premios también valorou a calidade humana desta profesional da enfermaría, xa xubilada, ao longo da súa dilatada carreira; así como a súa aposta por unha abordaxe social de problemáticas de saúde pública como o chemsex ou mesmo a súa preocupación pola saúde mental dos seus doentes.